Publicacións

Novembro 2017- Edición dos Premios de relato, poesía e tradución literaria 2017

 Edición do volume que recolle os textos premiados en 2107 na convocatoria dos Premios da Universidade. Realizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (a través do Convenio de colaboración en materia de normalización lingüística) e Edicións Xerais de Galicia.

SKM_C3350171030124600

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xaneiro 2017- Calendario 2017

calendario2017

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Novembro 2016- Edición dos Premios de relato curto, poesía e tradución literaria 2016

Edición do volume que recolle os textos premiados en 2016 na convocatoria dos Premios da Universidade . Realizado en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (a través do Convenio de colaboración en materia de normalización lingüística) e Edicións Xerais de Galicia.

SKM_C3350161109102700

 

 

 

 

 

 

  

 

Maio 2016- Toponimia do Val de Fragoso. vol 4: Freixeiro e Sárdoma

Novo volume da colección de Toponimia do Val de Fragoso. Nesta ocasión Freixeiro e Sárdoma. Pódese descargar no seguinte enlace:

Sárdoma

 

 

 

 

 

 

 

 

Abril 2016- Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega

O traballo de Xosé-Henrique Costas nace "para orientarmos a formación de xentilicios, para desenmascararmos tanto castelanismo disfrazado de cultismo (que no fondo son o mesmo: desgaleguización) e para tratarmos de establecer unhas normas de creación de xentilicios e unhas formas non condicionadas por orientacións foráneas".

Pódese descargar no seguinte enlace:

portadaxentilicios (1)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Marzo 2016- Na Universidade en galego con seguridade

Como continuación do traballo Na Universidade en galego sen dúbida, editamos un novo libro coa idea de completar e ampliar o anterior, mais tamén repasar o soporte legal en que se insire a promoción da nosa lingua e a defensa dos dereitos lingüísticos. Realizouse grazas ao convenio de colaboración en materia de normalización lingüística que anualmente asinan a Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Aquí recóllese a nova do Duvi. Pódese descargar o libro no seguinte enlace:

Naunivengaconseguridade

 

 

 

 

 

 

 

 

14 Xaneiro 2015 - Na Universidade, en galego sen dúbida

Grazas ao convenio de colaboración en materia de normalización que anualmente asinan a Universidade de Vigo e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Área de Normalización Lingüística vén de editar un libro que recolle as dúbidas que máis se consultan no servizo pola nosa comunidade. Aproveitamos para enriquecelo con información sobre elaboración de bibliografías e outros aspectos.

Así recolleu a nova o Duvi. O libro pódese descargar no seguinte enlace:

sendubida

24 Outubro 2014 - Beade. Presentación do terceiro volume da colección a toponimia do Val de Fragoso

O libro Toponimia do Val de Fragoso. Beade, de Gonzalo Navaza e Lorena Carrasco, e o resultado da colaboración entre o Concello de Vigo e a Universidade, xunto a diferentes comunidades de montes e asociacións culturais.

Pódese descargar o texto en formato pdf no seguinte enlace:

toponimia_fragoso

27-Febreiro 2014-  Roda dos verbos. Usos e dificultades da conxugación verbal en galego

Anovadora guía para conxugar correctamente os verbos en galego. Desenvolta por Xavier Gómez Guinovart e Xosé Antonio Fernández Salgado co obxectivo de mellorar o uso do galego oral e escrito nun aspecto da lingua que resulta de especial dificultade: a morfoloxía dos verbos.

    roda2   roda

 

 

 

 

 

 

 

Nova da presentación no DUVI

 

 

 

 

13 Decembro 2012- Dicionario Moderno Inglés-Galego

Dicionario bilingüe realizado polo Seminario de Lingüística Informática, consta de 20.000 entradas, 30.000 correspondencias e 60.000 exemplos

Pódese consultar en liña:

dicionario

 

 

 

 

 

 

 

 

Nova da presentación no Duvi

5 Outubro 2012 - Libros e mapas da toponimia de Coia e Lavadores en formato dixital

Os libros e mapas da colección de toponima do Val do Fragoso, editados pola ANL da Universidade de Vigo en colaboración co SNL do Concello de Vigo, pódense descargar en formato dixital dende os seguintes enlaces

coia lavadores COIA PLANO

Para obter máis información sobre toponimia:

http://snl.vigo.org/index.php?id=399

http://www.pontevedra.eu/toponimia/

http://toponimia.xunta.es/

http://ilg.usc.es/agon/

 

27 febreiro 2012 - Presentación do Repertorio tabernario

Neste libro, editado pola Asociación de PAS do Campus de Pontevedra coa colaboración da ANL, recóllense máis dun cento de cantigas que se adoitan cantar nas tascas, furanchos e tabernas. Tamén se escoitan nas ceas e festas que se organizan na comunidade universitaria, pero das que se coñecen estrofas soltas ou só o retrouso. A finalidade da edición é fixalas e que sirva de soporte para que se canten enteiras animando á participación.

   tabernario_portada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Máis información sobre a presentación.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal