Premios

Premio “Luísa Villalta” a iniciativas normalizadoras 2012 

680-f-premio_luisa_villalta_2

 

 

O SNL da Universidade da Coruña, en colaboración cos SNL das universidades de Vigo e Santiago e a SXPL, convoca o IX Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego. Premiarase o deseño dunha acción normalizadora e unha idea para a promoción do galego. O prazo de presentación remata o 9 de novembro ás 14 h.

OBXECTIVOS

  • Desenvolver iniciativas innovadoras, relacionadas coa planificación e a normalización lingüística
  • Promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua
  • Aproveitar as potencialidades técnicas e científicas e os recursos humanos existentes nas tres universidades, así como outros recursos externos a elas.

Máis información

Premios de poesía, relato curto e traducción literaria 2012 

premios2012

  • Relación de persoas premiadas por categoría:
    • Poesía:
      • 1.º Premio: Marisol Gándara Sánchez. polo poemario A cor dura da pel
      • 1.º Accésit: Xabier Xil Xardón, polo poemario Volvería ao frío
      • 2.º Accésit: Xabier Xil Xardón, polo poemario Vou falar da ruína
      • Así mesmo decidiuse recomendar a publicación de poemas de Aitor Toro Martínez e de Alba Domínguez Blanco.
    • Relato curto:
      • 1.º Premio: Xandra Táboas Martínez, polo relato Navy Bar
      • 1.º Accésit: Pedro Xoaquín Peón Estévez, polo relato Desculpe señor Darwin
      • 2.º Accésit: María Lago González, polo relato Tetraloxía do inexplicable, parte dúas: Booth Museum
    • Tradución literaria:
      • 1.º Premio: deserto
      • 1.º Accésit: Guillermo Rosales González, pola tradución dun texto de Mark Gatiss
      • 2.º Accésit: Martina Corral Aller, pola tradución dun texto de Chimo
  • Resolución reitoral do 15 de maio pola que se acorda o pagamento dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2012
  • Imaxes da entrega dos premios:
  • Cartel 1, 2

I Premio de pezas audiovisuais curtas de comedia (Fac. CC. da Educación-USC) 2011 

Somos a curta!  

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación convoca o certame "Somos a curta!", dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno ou grupo de alumnos das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia.

Máis información, bases e formulario

imaxe somos a curta

Convocado o VIII Premio Luísa Villalta, a iniciativas normalizadoras 2011 

Un ano máis o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo e co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras dirixido ao conxunto do sistema universitario galego, ben a título individual, ben á constitución de equipos caso das comisións de normalización lingüística ou asociacións estudantís.

Obxectivos

  • Desenvolver iniciativas innovadoras, relacionadas coa planificación e a normalización lingüística.
  • Elaborar propostas que presenten rigorosidade planificadora e normalizadora para incentivar a investigación nos ámbitos da sociolingüística e planificación lingüística.
  • Promover a reflexión e a implicación da comunidade universitaria galega a respecto da situación da nosa lingua
  • Aproveitar as potencialidades técnicas e científicas e os recursos humanos existentes nas tres universidades, así como outros recursos externos a elas.

Modalidades e premios

  • 3000 euros ao deseño dunha campaña normalizadora que desenvolva unha iniciativa orixinal que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario.
  • 1500 euros a unha idea para a promoción do galego que de xeito razoado explique unha proposta cuxo obxectivo for o fomento da lingua galega no ámbito universitario

Pódese ler a convocatoria íntegra no seguinte enlace

http://www.udc.es/snl/VIII_Premio_Luisa_Villalta.html

Premios de poesía, relato curto e traducción literaria 2011 

  • Convocatoria
  • Os premiados son:
    • Poesía:
      • 1º Premio: Xosé Daniel Costas Currás, polo poemario Dime de ti.
      • 1º Accésit: Anxo Manuel Rodríguez Ratel, polo poemario A Contrafío.
      • 2º Accésit: Anxo Mena Rodríguez, polo poemario Camiños de salitre.
      • Así mesmo recoméndase a publicación de poemas de Aitor Toro Martínez.
    • Relato curto:
      • 1º Premio: Virxilio Rodríguez Vázquez, polo relato Espellos.
      • 1º Accésit: Alberto Comesaña Campos, polo relato Familia.
      • 2º Accésit: Bruno Bouvy Vilaboa, polo relato O canto do cisne.
      • Así mesmo recoméndase a publicación do relato de Pedro Joaquín Peón Estévez, Barcos no Ar.
    • Tradución literaria:
      • 1º Accésit: Raquel Uzal Gómez, pola tradución dun texto de Julian Barnes.
      • 2º Accésit: Andrés Trigo Misa, pola tradución dun texto de Nathalie Rheims.

 

 
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal