Xornadas de Toponimia no Campus de Ourense

29 de marzo de 2011

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ourense en colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo organizan as devanditas xornadas.

PROGRAMA

Xoves 7 de abril

18.00 h "Patrimonio toponímico". Gonzalo Navaza, profesor da UVigo e presidente da Asociación Galega de Onomástica

19.30 h "Talasonimia. Os nomes do mar". Xosé Lois Vilar, escritor e membro do Intituto de Estudos Miñoranos

Venres 8 de abril

18.00 h "O traballo de campo na recolleita da toponimia das montañas ourensás". Aplicación práctica no estudo dos nomes dos penedos: litonimia. Vicente Feijoo Ares, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa.

19.30 h "Didáctica da toponimia". Xulia Marques, experta en toponimia.

Sábado 9 de abril

10.00 h "Saída de campo": O Montealegre. Un paseo para lembrar os nomes de lugar e algo de historia. Xilberte Manso, membro da xunta de goberno do Instituto de Estudos Miñoranos.

A inscrición é de balde. Máis información:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal